A muller do mediodía

Email
O exército ruso acaba de conquistar a cidade de Stettin e os soldados entran nas casas para saquear e violar.
A muller do mediodia

Prezo
15,00 €
Prezo / kg:
Descrición

O inicio d’A Muller do Mediodía transcorre na cidade alemá de Stettin, ás beiras do río Oder, en 1945. O exército ruso acaba de conquistar a cidade, e os seus soldados entran nas casas para saquear e violar.
Unha daquelas mulleres violadas, acompañada polo seu fillo de sete anos, sobe a un tren. Na estación na que fan transbordo, a muller manda agardar o fillo nun banco mentres ela vai comprar os billetes. Xa non volverá.
O que segue é a narración da vida daquela muller entre 1910 e 1945. Julia Franck non limita o desenvolvemento d’A Muller do Mediodía ao propósito de comprender a vida dunha muller xudía que transcorre na Alemaña das dúas guerras mundiais e mais da ditadura hitleriana.
A novela despraza a un segundo plano uns feitos históricos e unhas circunstancias persoais, que por si mesmos abondarían para reducir ao absurdo calquera vida, para así volver aínda máis visible aqueloutro absurdo ao que de antemán está condenada unha vida dende o momento en que se trata da vida dunha muller.


Julia Franck naceu en Berlín oriental en 1970. Aos oito anos trasladouse coa súa familia á República Federal Alemá. Estudou filosofía e literatura alemá contemporánea na Universidade de Berlín. En 1998 debuta coa publicación da novela Der neue Koch,
seguida de Liebediener (1999), o libro de relatos Bauchlandung. Geschichten zum Anfassen (2000) e a novela Lagerfeuer (2003). Pasou o ano 2005 na Villa Massimo en Roma. No ano 2007 recibiu o Deutschen Buchpreis —premio que se concede na Feira de Frankfurt á mellor novela en alemán— pola súa obra Die Mittagsfrau (A Muller do Mediodía).

Bio Autor

{title} {text}

Autor/a:
Julia Frank
ISBN:
978-84-7824-583-3
Páxinas :
460

Noticias

Novidades da Trabe