
O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; Areaquente, un mundo propio forxado por personaxes que vagan nun antes, nun durante e nun despois perpetuos, nesa irrealidade real de ficción e verdade, maxistralmente ben tecida por An Alfaya, quen, palabra a palabra, nos conduce polos camiños da dor eterna, da soidade e do illamento dos seres do páramo.
Así, a través da historia dos amores cruzados entre Bernarda, Filomena, Primitivo, Elixio e Aurelio, espectros nun mundo sen tempo, asistimos aos seus soños, temores, angustias, traizóns e lembranzas para decatarnos de que todo é arrastrado cara ao nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente será con esa luz coa que debuxe as imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro.
Bio autor
{title} {text}
Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...
Ramón Blanco recibiu o XXIX Premio do Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, co que foi galardoado pola súa obra Se pedra na brétema. O premio outórgase polo Concello de Dodro en memoria do poeta local. O xurado destaca a coherencia interna dunha obra...