Quintela de Mazaira. Terra e xente

Email
Quintela pertence á parroquia de Mazaira, concello do Castro de Caldelas. Esta obra tenta transmitir o testemuño dun mundo que desa­parece, así como tamén de facer unha reflexión sobre a dirección que tomou este tren de alta velocidade cara a unha globalización que nos obriga a perder a nosa identidade.

Prezo
20,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Quintela pertence á parroquia de Mazaira, concello do Castro de Caldelas, e ao partido xudicial da Pobra de Trives (provincia de Ourense). Linda coas parroquias de Vilardá, Santa Eulalia, Folgoso, Vimieiro e Medos. Non hai datos históricos da fundación da pequena aldea de Quintela nin tampouco da parroquia á que pertence. Pero semella plausible que as condicións de vida, tanto laborais como de alimentación, se remontan á Idade Media e que tivo poucos cambios ao longo dos séculos.

A realidade de Quintela é común en moitos aspectos á das aldeas da Galicia rural das provincias interiores e, ao mesmo tempo, amosa trazos específicos, como por exemplo a súa situación xeográfica de illamento. Isto provocou que durante séculos existisen de xeito inalterable unhas formas de traballo, de vida e de relación veciñal.

Trátase aquí de transmitir o testemuño dun mundo que desa­parece, así como tamén de facer unha reflexión sobre a dirección que tomou este tren de alta velocidade cara a unha globalización que nos obriga a perder a nosa identidade que sobreviviu durante séculos no seo dunha comunidade que, con algunhas diferenzas normais á hora de compartir a miseria, soubo partillar a obrigada solidariedade para po­der tirar para adiante, aínda pasando longos períodos de precariedade económica e carencia de todos os compoñentes do que coñecemos hoxe como «estado do benestar».

Autor/a:
Olegario Sotelo Blanco
ISBN:
978-84-7824-656-4
Páxinas :
446
Encadernación:
Rústica con lapelas

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...