A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego

Email

Prezo
13,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Esta obra fornece ao lector dun recurso divulgativo sobre unha temática que adoita ser inaccesíbel para boa parte da cidadanía. Non só ofrece unha descrición minuciosa da orixe e dos procesos indus­triais que dan lugar a unha produción de enerxía moi por en­riba das necesidades propias, senón que fai unha radiogafía com­pleta do esqueleto enerxético galego e nos introduce en con­ceptos xerais sobre un asunto tan candente como é a xeración e consumo ener­xéticos na sociedade actual e as súas consecuencias para o me­dio ambiente.

Contra a crenza xeral, en Galiza obsérvase unha forte de­pen­dencia das fontes de enerxía fósiles, non renovábeis e foráneas. Aínda sendo unha potencia hidroeléctrica e eólica mundial, preto do 90% da enerxía xerada en Galiza non é renovábel. Dúas ter­ceiras partes da enerxía eléctrica producida expórtanse directa ou indirec­tamente do país. Por outra banda, os ecosistemas fluviais galegos están gra­­­vemente dete­rio­rados e os cumes das nosas mon­tañas están sendo convertidos en parques industriais. Galiza é hoxe unha potencia internacional en emisión de gases de efecto in­ver­nadoiro, pois no noso territorio funcionan dúas grandes centrais térmicas, sendo unha delas a máis contaminante do Estado es­pa­ñol… Estes e outros datos de interese están aquí docu­men­tados e expostos de xeito ameno e conciso.

A pegada ecolóxica do sistema enerxético galego é, pois, unha obra de referencia nestes tempos de cambio climático e de desastres me­dioambientais sen parangón na historia da humanidade. Unha obra dirixida ao público en xeral e, especialmente, ás novas xe­ra­cións, cada vez máis preocupadas por un futuro que se lles pre­senta, cando menos, incerto.

Autor/a:
Xurxo Pérez Pintos / Xosé María Bouzó
ISBN:
978-84-7824-512-3
Páxinas :
256

a miña compra

 x 

Non tes seleccionado ningún produto

Noticias

  • Olegario Sotelo Blanco publica as súas memorias

         Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, 1945) editor, empresario e autor de numerosos libros de narrativa e mais ensaio publica o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.   Olegario percorre neste...

    Ler máis...

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...