A semente da nación soñada

Email

Prezo
20,00 €
Prezo / kg:
Descrición

A presente obra é unha mostra de agradecemento e de cariño ao Méndez Ferrín do Arrabaldo do Norte que, seguindo o ronsel de Murguía e dos que soñaron unha Galicia ceibe, empeña a súa vida na construción da nación; e tamén ao Méndez Ferrín, renovador constante da creación literaria, que desde moi novo anda á caza da «olorosa pantera», á procura dun galego radical e puro, descolonizado de castelanismos, que á vez sexa popular e útil para a comunicación da cultura moderna, un idioma válido para todos os galegos e as galegas e para todos os usos da lingua.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN naceu no ano 1938 en Ourense. Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, exerceu durante corenta e dous anos como catedrático no Instituto de Bacharelato Santa Irene, de Vigo; é membro da Real Academia Galega e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. Figura cimeira da cultura galega contemporánea, o seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social.

Autor/a:
VV.AA.
ISBN:
978-84-7824-566-6

Noticias

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...